Friday 28 de June de 2024

Belén do Campo reúnese con Eduardo Parga e destaca o investimento de máis e 325.000€ que se realizará neste concello para construír unha glorieta na AC-418


A delegada lembrou que a Xunta investiu máis de 400.000 euros no 2023 en diferentes actuacións neste municipio

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, co alcalde de Malpica, Eduardo Parga. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio.

A representante do Goberno autonómico lembrou que, no 2023, a Xunta investiu case 400.000 euros de euros neste concello a través das distintas liñas de axudas en actuacións como a mellora dos parques infantís de Malpica, Leiloio ou Seaia ou a mellora dos equipamentos da EDAR de Malpica.

A delegada da Xunta tamén lembrou que o pasado mes de abril A Xunta someteu a información pública o proxecto de construción dunha glorieta na estrada autonómica AC-418, ao paso polo concello de Malpica á que a Xunta destinará un investimento de 325.000 euros. Trátase, lembrou a delegada, de actuar na AC-418, concretamente no quilométrico 15+470, punto especialmente sensible ao ser unha intersección que dá acceso ao colexio público Milladoiro e ao centro cívico da localidade. Se prevé aprobar definitivamente o proxecto en outono para realizar a convocatoria dos actos expropiatorios e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. A súa presenza Malpica subliña a relevancia de entender as necesidades locais directamente dos habitantes e gobernantes locais, buscando sempre manter un diálogo aberto e efectivo.

Do mesmo xeito, Belén do Campo e Eduardo Parga analizaron as necesidades do concello no ámbito educativo e tamén falaron das diferentes infraestruturas previstas no concello como as novas actuacións de saneamento cunha EDAR en Beo. No encontro tamén repasaron o resultado de distintas actuacións enmarcadas no ámbito de colaboración da Xunta cos concellos.